viernes, 27 de mayo de 2011

PAULA- CUARTO DÍA

O cuarto dia levantámonos as 8:00 como sempre. Aseámonos, almorzamos e fomos directos ao autobús.

Fomos a coñecer Abarán, unha zona onde hai importantes hortas e a noria para extraer auga máis grande de España. Tamén visitamos a potabilizadora de auga Aqualia.










Despois demos un paseo pola horta e dirixímonos cara o Mirador de Blanca onde puidemos ver o Azud de Ojós onde se divide o ría Segura.



Á tarde fixemos por primeira vez o curso de vela e de piragua. Foi unha pasada!










Despois de cenar os deportistas do CAR da Federación de Xadrez déronnos unha demostración. Como xogan!

No hay comentarios:

Publicar un comentario